5.2.09

ORDENADORES NA BIBLIOTECA.... ONDE?¿?

Levo 6 anos no instituto e dende o primeiro día ata hoxe, nos ordenadores da biblioteca non podes facer nada pois xa tardan en arrancar uns 10 min e outros 10 en descargar os arquivos e en 5 min non che da tempo nin a ler o que tes escrito, para canto máis poñerte a facer nada nel.
Outro tema é o do número, con iso de que xa temos 2 ordenadores na biblioteca o asunto está arranxado. Aínda que nos sobrase tempo para estar neles non sería posible pois sempre hai unha cola de 2 ou 3 persoas... que loxicamente dan volta dende a porta, xa que se a unha persoa non lle da tempo en todo o que dura o recreo a mirar o que tiña pensado, menos tempo lle vai dar a 4 persoas.
Con isto non estou a dicir nada... só pensade na situación¡¡¡
Iria Acevedo Maseda

No hay comentarios: