25.11.07

Actualizarse ou ...

Creo que hai uns cantos profesores, entre o que me inclúo que estamos necesitados dunha actualización en materia de internet. A min resultaríame moi interesante que alguén me puexera ó día nesto dos blogs, foros, etc. que son conceptos que vexo que algúns (sobre todo alumnos) manexades con moita axilidade e a min quédanme moi "anchos". Veño de visita-los blogs de EL PAIS e sentinme impotente porque non puiden introducir un comentario que quería facer.

JOSÉ MARÍA MARTÍNEZ FDEZ. - PROFESOR

17.11.07

Qué che parece este xuíz?


Emilio Calatayud Pérez é un xuíz de menores de Malaga que saltou aos medios de comunicación por ditar sentencias exemplares, inxeniosas e innovadoras como condenas a aprender a ler e escribir, sacar o graduado escolar, etc...

Nos seguintes enlaces pódense ver dous vídeos que corresponden a unha das súas intervencións en coloquios sobre educación.

As súas opinións sobre tódalas problemáticas en cuestión de menores, a claridade expositiva e a visión práctica non deixan a ninguén indiferente. Non ten pelos na lingua e non deixa torre en pé. Merece a pena velos e opinar.

12.11.07

Touriño e Areces escenifican na ría de Ribadeo a unión das dúas terras irmáns , di a prensa (4/11/2007)

Repensado e refeito o 12/11/2007: Ó mediodía do sábado 3, dúas barcas zarparon dos peiraos de Ribadeo e Castropol. Na primeira viaxaba a bordo o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; na segunda, o do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces. Ambos diganatarios e os seus séquitos atopáronse no medio da ría.
Opinamos que os séquitos dos presidentes fixeron a pelotilla ós seus xefes e animáronos. Estiveron tan amigos, cando outras veces teñen confrontacións, ben eles ben os seus pobos.
O motivo foi a celebración da declaración por parte da UNESCO da Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, que abrangue catorce concellos de ambas autonomías. Este título convértese nunha marca de calidade, recoñecemento de como esta de conservada polo momento a nosa terra. Pero só iso.
Anunciáronse medidas para potenciar esta conservación e beneficiar ós seus habitantes por iso. A reserva abrangue os municipios galegos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira e Baleira e os asturianos de Castropol, Vegadeo, Taramundi, Santirso de Abres, Vilanova de Oscos, San Martín de Oscos e Santa Eulalia de Oscos.
Os 33.000 habitantes da zona afectada verán no próximo cúmio interautonómico tomar corpo ás medidas anunciadas. A ter conta que case 1/3 dos habitantes residen en Ribadeo, coa vinteava parte do territorio.

Autores: Cristina, Marina, Luis, Natalia, Cristina, Raúl, Óscar, Laura e a colaboración técnica de Antonio. - Texto colaborativo -