Opinamos que os séquitos dos presidentes fixeron a pelotilla ós seus xefes e animáronos. Estiveron tan amigos, cando outras veces teñen confrontacións, ben eles ben os seus pobos.
O motivo foi a celebración da declaración por parte da UNESCO da Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, que abrangue catorce concellos de ambas autonomías. Este título convértese nunha marca de calidade, recoñecemento de como esta de conservada polo momento a nosa terra. Pero só iso.
Anunciáronse medidas para potenciar esta conservación e beneficiar ós seus habitantes por iso. A reserva abrangue os municipios galegos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira e Baleira e os asturianos de Castropol, Vegadeo, Taramundi, Santirso de Abres, Vilanova de Oscos, San Martín de Oscos e Santa Eulalia de Oscos.
Os 33.000 habitantes da zona afectada verán no próximo cúmio interautonómico tomar corpo ás medidas anunciadas. A ter conta que case 1/3 dos habitantes residen en Ribadeo, coa vinteava parte do territorio.
Autores: Cristina, Marina, Luis, Natalia, Cristina, Raúl, Óscar, Laura e a colaboración técnica de Antonio. - Texto colaborativo -
1 comentario:
Ohhh... a UNESCO... simpático organismo folgazán..
De qué vale un organismo que ten atadas as mans polos Estados Unidos?...
Que mágnificos presidentes, sí señor, pena que só sexan dous pequenos burócratas ás ordes do imperialismo, impotentes ante as imposicións do mesmo...
Mentres os EUA, Xapón, Canadá, e o resto dos países do mundo non renunciemos a parar a tala masiva dos montes, e a rebaixar os nosos niveis de emisións de CO^2 á amtmosfera... a UNESCO pode seguir existindo que non valdrá para nada...
Mentres tanto haberá que seguir invertindo cartos cada vez que estes dous folgazáns se reunan para garantizar a súa seguridade...
¿Que vai a vir visitarnos outra vez don José Luís?... bueno...polo menos os habitantes dos Oscos tenrán cobertura telefónica...xd
UN ALUMNO
Publicar un comentario