17.11.07

Qué che parece este xuíz?


Emilio Calatayud Pérez é un xuíz de menores de Malaga que saltou aos medios de comunicación por ditar sentencias exemplares, inxeniosas e innovadoras como condenas a aprender a ler e escribir, sacar o graduado escolar, etc...

Nos seguintes enlaces pódense ver dous vídeos que corresponden a unha das súas intervencións en coloquios sobre educación.

As súas opinións sobre tódalas problemáticas en cuestión de menores, a claridade expositiva e a visión práctica non deixan a ninguén indiferente. Non ten pelos na lingua e non deixa torre en pé. Merece a pena velos e opinar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xa coñecía a existencia deste xuiz... (PARA UN ALUMNO QUE SE PREOCUPA DA SOCIEDADE)... o resto son analfabetos funcionais.
Sinceramente... é unha pena que soamente sexa un, quen leva a cabo esta maneira de xulgar a alguen...
O individualismo dos xuices debe ser canto menor, mellor.
Todos deben actuar máis ou menos da mesma maneira conforme ás leis, as cales deficientes, medievais e atrasadas...